domingo, 9 de marzo de 2014

8 de marzo Día Internacional da Muller Traballadora

Ola amiguiños e amiguiñas!!! 
Hai moitos anos, Clara Zetkin unha política alemana e loitadora polos dereitos da muller, propuxo o 8 de marzo para reclamar os dereitos civís, políticos e económicos de todas as mulleres.
Clara Zetkin escolleu esta data para honrar a un grupo de traballadoras estadounidenses que en 1857 ocuparon unha fábrica textil de Nueva York, esixindo igualdade salarial e xornadas laborais de 10 horas. A resposta dos donos foi un incendio provocado na planta baixa onde morreron moitas mulleres.
Hai máis versión da orixe desta data como o amotinamento dun grupo de mulleres rusas o 8 de marzo de 1917 debido á escaseza de comida... 
O certo é, que aínda non deixando claro cal é a orixe do 8 de marzo, si sabemos que esta data que o sábado celebramos, non busca outra cousa que a igualdade entre homes e mulleres.
Ao longo da semana pasada un grupo de rapaces e rapazas de quinto estiveron aprendendo cousas do Día Internacional da Muller Traballadora e aquí deixamos recollido o que podedes ver na entrada do cole e aqueles contos que poden axudar a entender esta celebración.



Parabéns aos de 5º polo seu traballo e seguide así.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!! 

0 comentarios: