martes, 18 de diciembre de 2012

Un libro polo Nadal

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Desexando a chegada das vacacións?
Tedes ganas de pasar uns días na casa coa familia? Supoño que si.
Eu dende aquí, dende a Biblioteca, déixovos un agasallo:
Algúns consellos de lectura para as vacacións.
Libros e contos onde a aventura, a maxia, a tenrura, a ledicia e a emoción están presentes.
Son moitos, moitos,... moitísimos os contos e os libros que podería recoller e recomendar para ler nestas datas... Aquí tedes os que máis me gustaron.

Agardo que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

FELICES FESTAS

Ola nenos e nenas de Bandeira!!!
Xa chegan as vacacións de Nadal e dende a Biblioteca anímovos a seguir lendo e vivir divertidas aventuras a través dos contos. Felices Festas a todos e todas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



lunes, 17 de diciembre de 2012

12-12-2012 ás 12 con Celso Emilio Ferreiro

O 12 do 12 do 2012 ás 12:00 celebramos no noso centro o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Os nenos e nenas do 3º ciclo rapearon un dos poemas deste autor: "Deitado fronte ao mar".
Un fantástico traballo fruto da ilusión dos nenos e nenas de 5º e 6º baixo a tutela da mestra de música, María.
Aquí queda recollido o rap de "Deitado fronte ao mar". Agardo que vos emocione e goste tanto coma a min.


Se queredes ler algo máis deste fantástico autor déixovos dous consellos de lectura que podedes atopar na biblioteca.


Un  saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 13 de diciembre de 2012

A Constitución polos rapaces e rapazas de 6º

Ola amiguiños e amiguiñas. Como ben sabedes estes días estivemos a celebrar a conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia. Os alumnos e alumnas de 6º dedicaron un tempo da clase a traballar en profundidade este tema. As súas conclusións deixáronas expostas na entrada do centro para todos e agora a través deste Blog.
Espero que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 9 de diciembre de 2012

Contos para sentir

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Lembrades que o pasado día 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das Persoas Discapacitadas? Pois a orientadora, Lucía, deixounos unha lista de contos para achegarnos a esta temática. Son contos moi interesantes e relacionados coa discapacidade. Pouco a pouco iredes atopándoos na biblioteca. Algúns xa os temos...
Aquí tedes a lista proposta por Lucía.

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!




A Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Dende o día 1 deste mes e ata o día 11 conmemórase a Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia. Que quere dicir esto? Sodes quen de dicirme que significa esta data para nós? Que é a Constitución? Que é o Estatuto de autonomía de Galicia? Coñecedes algún conto ou libro ou video que poida axudar a outros nenos e nenas a entender o que significan estas conmemoracións?
Agardo as vosas respostas...


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Unha ADIVIÑA para a ponte

Ola amiguiños e amiguiñas!! Que tal? Supoño que traballando moito para poder gozar desta ponte que case fai pensar nas vacacións de Nadal.
Xa hai uns días Soraya, unha rapaza de 6º, deixounos unhas adiviñas na caixa de conversas con Garabullo. Esperei ata hoxe para deixalas aquí recollidas. A ver que vos parecen. Son moi divertidas.


Moitas grazas Soraya.
Seguide deixándome cousiñas na Biblioteca que gozo moito cos vosos traballos e coa vosa compañía.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 3 de diciembre de 2012

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS DISCAPACITADAS

Ola amiguiños e amiguiñas.
Moitas veces os maiores falan empregando palabras difíciles de comprender... Hoxe celebramos o día Internacional das Persoas Discapacitadas. Os maiores o mencionan e nos falan como se todos tivesemos que saber que é unha discapacidade. Vós o sabedes?
Que é unha "persoa discapacitada"? Propóñovos unha idea. Buscade información na casa, nos ordenadores, pedide axuda aos profes... e dende logo vinde a ver que temos na biblioteca e axudádeme a explicarlle a todos os nenos e nenas que implica a celebración de este día. Que dereitos teñen os nenos e nenas con discapacidade. Que quere dicir ser discapacitado. Todo o que se vos ocurra para entender mellor estes termos e o que implican...
Agardo a vosa axuda.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 2 de diciembre de 2012

Blancanieves

Ola amiguiños e amiguiñas:
Estou moi feliz... xa hai nenos que se animan a mandarme cousas para publicar. Esta semana Claudia, unha nena de 2º, achegouse á Biblioteca para deixar o seu consello de lectura: Blancanieves.
É un álbum ilustrado dos que somentes podedes consultar na biblioteca. Aquí deixo o consello de Claudia non se darlle antes as grazas e convidándoa a que siga deixando cousiñas a Garabullo.

 
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 26 de noviembre de 2012

25 de Novembro DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Canto traballo... Nestes días as rapazas e os rapaces  de 6º fixeron un traballo estupendo. Queren loitar contra a violencia de xénero. Do mesmo xeito pretenden axudar aos máis pequechos a entender que é a violencia de xénero e aos máis grandes a pensar neste importante tema que fai sufrir a tanta xente....
Vendo este video podedes entendelo mellor. Agardo que vos guste. É un fantástico traballo.


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 19 de noviembre de 2012

Ola amiguiños e amiguiñas:
Aquí tedes un resumo da semana pasada
Magosto con trompos e xogos con castañas fixeron da celebración do día do peón e do magosto unha mañá divertida e inesquencible. Aquí deixamos unha pequena lembranza.

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!







domingo, 18 de noviembre de 2012

QUE É A TOLERANCIA?

Ola amiguiños e amiguiñas.
Xa sabedes que é a tolerancia?
Hai unha semana apareceu un cartel no que vos preguntaba polo significado tan raro desa palabra.
Ao longo desta semana fomos vendo como esa mesa se enchía con libros e historias que nos axudaban a saber que era
A TOLERANCIA. Tanto na biblioteca coma nas aulas púidose ver a lectura de O cazo de Lorenzo (aperta enriba do nome do conto e poderás volver a vela).
Ao final coa vosa axuda conseguimos a definición de tolerancia.
Aquí quedan recollidos os vosos traballos. Un traballo fermoso realizado dende cada aula para que hoxe 16 de novembro poidamos celebrar e entender o significado do DÍA INTERNACIONAL POLA TOLERANCIA.
Grazas pola vosa axuda.

Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!





miércoles, 14 de noviembre de 2012

Visita a Silleda. Galicia conservando a natureza

Ola amiguiños e amiguiñas. O pasado 5 de Outubro os rapaces e rapazas de 6º foron a unha actividade a Silleda. Era unha actividade que pretendía facer pensar aos nenos e nenas na importancia da conservación da natureza. Algúns dos rapaces e rapazas de 6º fixeron unha pequena reportaxe que aquí deixan recollida para todos vós e para a nosa biblioteca. Agardo que vos faga pensar, que gocedes dela e aprendades moito. Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


Click to play this Smilebox newsletter
Create your own newsletter - Powered by Smilebox
Create your own newsletter design

viernes, 9 de noviembre de 2012

Conxuros do Samaín

Ola amiguiños e amiguiñas.
Aquí deixo uns conxuros moi divertidos.
A ver se os coñecedes. Eu divertinme moito facendo este conto para todos vos.
Agora a diversión corre da vosa man.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



miércoles, 7 de noviembre de 2012

CONCURSO DE CABAZAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa remataron os festexos do Samaín. Foron moitas as actividades que se propuxeron. Unha delas moi divertida foi O concurso das Cabazas.
Todas tiñan que ter relación co tema de traballo da Biblioteca: O HOME
Foron moitas as cabazas que chegaron o luns 29. Un fermoso traballo feito por todos vós cos vosos papás. Eran moitas as que merecían o premio pero so catro (unha por cada ciclo foron as gañadoras).

Queredes lembrar as gañadoras? Aquí deixo algunhas fotos do meu álbum personal dese día.
Na primeira vedes como eu tamén fun unha cabaza, hai outra na que se lee HOME (centro de traballo deste ano da Biblioteca) na outra vense algúns dos vosos traballos.




 Nesta outra foto pódedes ver:

 AS CABAZAS GAÑADORAS



Agardo que vos gusten!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 6 de noviembre de 2012

CHEGOU E PASOU O SAMAÍN

Ola amiguiños e amiguiñas.
Menuda semana deixamos atrás. Xornadas de meigas, de trasnos, de contos de medo, de cabazas...



Todo comezou cando estas meigas feas apareceron na entrada da escola.
Cos seus conxuros trouxeron contos de medo.
Para espantala decoramos a aula do medo e as cabazas. Escoitamos contos terroríficos, divertidos... contados polos compañeiros de 2º, 5º e 6º.

Foi unha semana chea de emocións e diversión na que nos achegamos a unha tradición da que xa non nos lembrabamos.

Houbo moitas actividades e todas divertidas
Nestes días poderedes ver na páxina do cole e no blog todo o que fixemos no Samaín: Os contos que lemos, o concurso de cabazas, a aula do medo, os conxuros vosos...

Un Samaín cheo de actividades que rematou co conxuro da vella para espantar á meiga tola que revolucionou toda a escola.

Non deixedes de visitarme
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

viernes, 26 de octubre de 2012

DIA DAS BIBLIOTECAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!! 24 de Outubro Día das Bibliotecas.
Celebramos este día abrindo as portas da Biblioteca. Unha Biblioteca chea de luz e cor.
Unha Biblioteca que precisa de todos nós para sobrevivir, para ter vida.
Vimos videos, recordamos normas e deixeivos un pequeno agasallo con moito agarimo.
Agardo as vosas visitas.
Deixo aquí unha mostra da inauguración da Biblioteca.




Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!








martes, 23 de octubre de 2012

16 e 17 de Outubro

Ola amiguiños e amiguiñas.
Xa estamos rematando o mes de Outubro. Atrás deixamos datas importantes e inesquecibles pola súa relevancia. O 16 de outubro Día Mundial da Alimentación e o 17 de Outubro Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.
Os alumnos e alumnas de quixeron recoller a importancia destas datas a través de imáxenes, frases sinxelas e debuxos propios... Unha ardua labor de investigación que tivo como resultado frases como:
Un mundo sen fame é un mundo máis xusto
Que a pobreza sexa un feito do pasado
Aproveita a comida, se podes, non a desperdicies
...
 

A través deste mural pretenden espertar a nosa sensibilidade ante temas tan importantes.
Grazas polo voso traballo!!

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 16 de octubre de 2012

Día Mundial da Alimentación

Ola amiguiños e amiguiñas. Como ben sabedes a Biblioteca ponse en marcha! Que mellor xeito que abrindo boca a través dunha celebración?: "O día Mundial da Alimentación". Dende hoxe e durante estes días tedes unha mesa con contos para que poidades alimentarvos dun grande manxar: A LECTURA.


Non esquezades a sorte de ter todos os días un prato na mesa. Déixovos unhas imaxes de libros que abren o apetito.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 19 de septiembre de 2012

UN AGASALLO DUNHA AMIGA

Ola nenos e nenas!!
Que tal a primeira fin de semana despois duns días de cole?
Estades buscando contos para aconsellar aos vosos compañeiros?
Xa tedes algún debuxo para min?
Hai algún poema ou conto ou adiviña para que publique?

Agardo os vosos traballos!!
Mentres, publico este precioso poema creado por Alba cando estaba en 5º. Unha nena que hoxe está en 6º. Cando liberamos os poemas Alba non so liberou un poema de Antón Cortizas chamado Vaia tropa cos compañeiros da clase, tamén liberou un poema escrito por ela que cedeu á Biblioteca e que hoxe publico aquí, para que todos e todas poidades desfrutar e ler tantas veces como vos pete.

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

viernes, 14 de septiembre de 2012

UN ANO MÁIS

Ola rapaces e rapazas de Bandeira!!!
Cantas gañas tiña de voltar a escoitar nenos e nenas polos corredores, polos patios, nas aulas....
Xa remataron as VACACIÓNS!!!

Chega o tempo de traballar!!!
Un ano máis estou aquí para facer da lectura unha aventura e da Biblioteca un recuncho ideal para desfrutar, ler, aprender,...
Hai un montón de novidades este ano na Biblioteca... Xa veredes...!!!
Non vou abrir as miñas portas ata o Día das Bibliotecas no mes de outubro. Este ano vai comezar  cun montón de sorpresas coas que ides desfrutar e aprender.
Aínda que a Biblioteca non estea aberta, Garabullo está para todos vós, tanto a través do email  conversascongarabullo@gmail.com ou na caixa de conversascongarabullo (que está na entrada do cole). Animádevos a deixar as vosas propostas de mellora, as vosas creacións literarias, os vosos poemas, adiviñas, chistes,... Non esquezades seguir falando dos libros que vos gustan e así animar aos vosos compañeiros de cara á lectura.
FELIZ VOLTA AS AULAS
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 27 de junio de 2012

A Árbore Máxica

Ola nenos e nenas. Como o estades a pasar de vacacións? Como vedes eu sigo aquí, na biblioteca, agardando correos vosos contándome cousas das vacacións. Agardo con grande ilusión as vosas creacións literarias. Esta vez Marta Amigo, unha rapaza de 6º que o vindeiro ano comeza o instituto deixoume un conto fantástico e fíxome feliz ao facerme saber que aínda que marche ao instituto seguirá en contacto con esta biblioteca a través do Blog. "Marta estás invitada tamén a facerme unha visita na biblioteca cando queiras. Xa formas parte desta Biblioteca".
Esta foi a carta de Marta e o seu pequeno conto:

Ola Garabullo:

Son Marta Amigo. Mándoche un conto de despedida que escribín pensando sobre todo nos meus compañeiros e compañeiras pero tamen en todos os nenos e nenas deste colexio. Con isto queroche dicir adeus pero non será o definitivo porque seguirei enviandoche cousas e mirando o blog.


Un bico. Marta





 
Agardo que vos guste e sirva de impulso para novos contos, poemas, noticias,...
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 20 de junio de 2012

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

Ola rapaces e rapazas de Bandeira. Xa chegan as vacacións. Moito tempo de descanso e divertimento...
Buscando nos meus estantes escollín este contos como punto de partida, como guías de lectura para ese tempo de lecer que traen as vacacións.



Agardo que gocedes con elas. Espero noticias vosas durante o verán. Eu seguirei aquí. Tanto os que este ano rematades primaria como os que seguides en anos vindeiros esta é a vosa Biblioteca e estarei ledo, moi ledo, de recibir noticias vosas que irei colgándoas no blog durante as vacacións.
Eu sigo aquí. Felices vacacións e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 19 de junio de 2012

Neira Vilas na Biblioteca

Ola nenos e nenas de Bandeira. Xa están chegando as vacacións e comezamos a estar cansos de tanto e tan bo traballo.
Como ben sabedes o venres 15 tivemos unha importante visita. Neira Vilas un grande escritor da zona quixo vir a visitarnos e contarnos cousas moi interesantes tanto da súa vida coma da súa obra.
Falaunos de todos os libros que nestes días foron traballados nos distintos cursos. A vosa creatividade e as vosas ideas adornaron a nosa biblioteca para recibir do mellor xeito posible ao noso veciño Neira Vilas.
Queredes ver un resumo de todo o que pasou na Biblioteca e no centro nestes días?
Aquí tedes un pequeno resumo.



Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 17 de junio de 2012

O Apadriñador de Palabras: Apeiros de Labranza

Ola lectores de Bandeira. A nosa actividade no centro non para! Foi grande o voso traballo na procura de curiosidades e información dos apeiros de labranza. Aquí está recollido un pouco do voso traballo. A través de murais, debuxos, plastilinas, powerpoint... os apeiros de labranza quedan xa afianzados no noso pequeno dicionario do Apadriñador de Palabras. Este é un resumo do voso traballo:



Descansade nas vacacións porque xa escoitei que andan a argallar novos temas para apadriñar en anos vindeiros.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

viernes, 15 de junio de 2012

XA TEMOS O NOSO LIPDUB

Ola amiguiños e amiguiñas, aínda emocionado, déixovos aquí o voso lipdub para que poidades gozar del toda a fin de semana coas vosas familias.



Agardo que vos guste tanto coma  a min
Moitas garazas María! Moitas grazas nenos e nenas!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 14 de junio de 2012

VISITA DE XOSÉ NEIRA VILAS

Ola nenos e nenas de Bandeira!!
Hoxe sacamos unha nova edición do Garabullo News coas novas de mañá.



Agardo comentarios de todo o día
O resumo desta actividade o recolleremos para unha nova edición
Saudos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 12 de junio de 2012

Adiviña adiviñanza...

Ola amiguiños e amiguiñas do cole de Bandeira!
Son feliz vendo como día a día visitades a biblioteca, como buscades todo tipo de libros polas estanterias, como as vosas risas enchen estas paredes... Unha das cousas que me fai  máis feliz é recibir os vosos consellos, creacións, traballos...


Hoxe Almudena de segundo proponnos unha adiviñanza moi enxeñosa. Eu non sei a solución, podedes axudarme? A adiviñanza di así:

Primeiro que ningún santo andei eu polo deserto
Vestido de franciscano, descalzo, de mozo e vello,
Non son confesor nin santo nin podo entrar no ceo.
Que é?

Sabedes o que é?
Eu seguirei pensando e buscando nos meus libros unha resposta. Agardo as vosas!!
Mentres, xa sabedes.... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 3 de junio de 2012

Os nenos e nenas LIBERARON O SEU POEMA

Ola amiguiños e amiguiñas:
Vaia traballo! Despois de ensaios, risas e preocupacións... chegou o día!! O poema foi liberado! Foi unha preciosidade! Quedei abraiado coas vosas dotes artísticas e a vosa vontade de traballo.
Agradézovos moito como lle dades vida a todos os libros da Biblioteca. Como cada páxina pola que pasades cobra vida a través de todos vós.
Disfrutei coa festa de liberar un poema, disfrutei vendo como os xoguetes enchían a escola e disfrutei coas vosas risas. É fermoso ver como nenos e nenas de 3 a 11 anos comparten risas, xogos, aprendizaxes, poesía,... para celebrar un día tan importante para todos nós.
Parabéns por esta semana das Letras Galegas 2012. Parabéns por ser como sodes!! Grazas a todos os mestres e mestras, grazas aos nenos e nenas, grazas a cada un dos membros do cole de Bandeira que fixeron que esto que vades a ver sexa unha realidade. Grazas!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 28 de mayo de 2012

Juan e David

Ola amiguiños e amiguiñas!
Dous rapaces un de 2º e outro de 3º deixaron unha mensaxe para todos na caixa de conversascongarabullo.
Nas seguintes fotos quedan recollidos os seus consellos e as súas peticións.





Tentaremos mercar os libros e películas que pedides!!
Por certo!! Parabéns!! Teredes un premio por acertar as preguntas do concurso de libera un poema!! Preguntádelle a José na Biblioteca.

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 24 de mayo de 2012

Libera un poema

Ola amiguiños! Felicitar aos rapaces e rapazas  de Bandeira polo seu traballo cos poemas.
Deixovos unha nota no encerado:



Saúdos e mentres agardamos polo vídeo xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 20 de mayo de 2012

Ola amiguiños!! Pensábades que remataran os nosos concursos de Libera un poema? Pois... Non!!
Hoxe decidín xuntar os poemas liberados por 4º, 3º,2º,1º e infantil.
Aí van as preguntiñas:
- Dicir polo menos un dos personaxes de conto que representaron os nenos e nenas de 4º
- Quero saber o título do poema liberado por 3º.
- A que dous astros adicaron os seus poemas os nenos e nenas de 1º
- Algún dos animaliños que saían no poema recitado o martes pasado polos rapaces e rapazas de 2º
- Finalemente o mércores, os nenos e nenas de infantil, disfrazados de coelliños non deixaban entrar ao bosque a un animaliño distinto. Recordades cal era ese animaliño?

O prazo para mandar as vosas respostas remata o martes 22 despois do recreo do comedor!!
Agardo as vosas respostas!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 16 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012

Ola rapaces e rapazas de Bandeira!
Como xa sabedes o 17 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano está adicado a Valentín Paz Andrade.
Xa miraríades na entrada da escola os murais que  recollen datos da súa biografía, así como da súa obra.
Paz Andrade foi un grande defensor de Galicia.
Sabíades que dende moi novo dedicouse a escribir en xornais e revistas? Chegou a dirixir durante cinco anos a revista "Galicia".
Foi un grande poeta, escribiu  ensaios literarios, así como traballos económicos e pesqueiros. Dentro da narrativa é autor dunha obra inédita: Soldado da morte.
Como vedes estas son algunhas das curiosidades que os vosos mestres e mestras están amosándovos nas aulas.
Agardo disfrutedes e aprendades moitas cousas da súa vida e obra!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 14 de mayo de 2012

Calvin e Hobbes

Ola nenos e nenas de Bandeira, agardando as preguntas-premio? Están a sair...
De momento vou aclararlle a Martín de 5º unha dúbida que tiña dun comic. Ola Martín. Preguntas no comentario dos comics por Calvin e Hobbes. Pois ben, Calvin é un neno de seis anos que vive aventuras e desventuras xunto co su inseparable mellor amigo: Hobbes, un tigre de peluche que cobra vida só na súa imaxinación. As tiras tratan en xeral de gamberradas do noso protagonista -a miúdo increiblemente inxeniosas-, da súa convivencia cos seus pais, coa súa veciña (e compañeira de clase) Susie, a súa mestra ou a súa niñera, ou das súas reflexións sobre diferentes temas da vida diaria. Son moi divertidos.Tedes o cómic na Biblioteca. Merece a pena.
Agardo solventar a túa dúbida.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA
Ah! Vixiade o Blog. Vai a sair pregunta-premio pronto!!

miércoles, 9 de mayo de 2012

5º LIBEROU O SEU POEMA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Vaia Tropa de poetas que hai nesta escola!! Estou moi, pero que moi ledo!!
Non só recitades de marabilla... é que tamén facedes creacións propias. Gústame a idea de encher os estantes da biblioteca con libros publicados polos nenos e nenas de Bandeira.
Hoxe os rapaces e rapazas de quinto amosáronnos a súa capacidade literaria recitando dous poemas propios, conmovedores, divertidos, amenos...
Quero os seus poemas na miña Biblioteca!
Sabedes dicirme os nomes destes rapaces de 5º?
Todo aquel neno, nena, mestre, mestra, persoa que traballe no centro... que saiba o nome destes nenos ou nenas e mo mande a conversascongarabullo@gmail.com,  que me deixe unha nota na caixa da biblioteca ou no comentario desta entrada, antes de mañá pola tarde, terá un simpático agasallo. (Non esquezades poñer os nomes dos nosos poetas así como o voso nome e curso)
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 8 de mayo de 2012

Libera un POEMA

Ola amiguños e amiguiñas. Gustouvos o poema que liberaron hoxe os vosos compañeiros? Saberíades dicirme de que libro eran os poemas?
Veña mándovos un reto: "Aquel neno ou nena que me deixe no email conversascongarabullo@gmail.com,  na caixa de conversascongarabullo que hai na biblioteca ou faga comenterio nesta entrada do blog dicindo:
- o nome do libro que empregaron os de 6º para liberar os seus poemas. (Se dicides o autor quedo abraiado)
- o teu nome
- o teu curso 
Terás un agasallo meu (reto tamén válido para os mestres e mestras do centro).
Aí queda o reto! Prazo límite ata mañá á tarde.
Agardo moitas respostas.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!




jueves, 3 de mayo de 2012

As fotos do Día do Libro

Ola amiguiños e amiguiñas. Recordades a actividade de lectura que fixemos o Día do Libro?
Nenos e nenas lendo polos corredores da escola. Que fotos tan bonitas!!!! Que imaxes inesquecibles!!
Para que non as esquezades, e todos poidamos disfrutar delas... Que mellor que un libro feito coas vosas fotos?


Agardo que vos guste.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

O día das LETRAS GALEGAS

Ola amigos achégase o 17 de Maio. Celebramos o Día das Letras Galegas. Mandádeme cousas sobre este día para publicar no noso Blog, e que os rapaces e rapazas do mundo poidan saber o significado que esta data ten na nosa terra.
Neste lío de palabras vai escondido o nome da persoa a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Descubrídeo!!!


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

Charlie e a fábrica de chocolate


Ola David. Ola rapaces e rapazas de Bandeira. David deixoume unha nota na caixa de conversascongarabullo@gmail.com Pide que merquemos a película de Star Wars, Episodio V, O Imperio contraataca. É unha película que aínda é moi difícil atopala a bo precio para a biblioteca, pero farei o que poida para facerme con ela. O libro de Charlie e a fábrica de chocolate que pides xa está na biblioteca


 David tamén aconsella O neno do pixama de raias e Ratonciño Pérez 2, dúas películas que tedes na biblioteca e que lle gustaron un montón.
Moitas grazas David polas túas propostas

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!