miércoles, 19 de septiembre de 2012

UN AGASALLO DUNHA AMIGA

Ola nenos e nenas!!
Que tal a primeira fin de semana despois duns días de cole?
Estades buscando contos para aconsellar aos vosos compañeiros?
Xa tedes algún debuxo para min?
Hai algún poema ou conto ou adiviña para que publique?

Agardo os vosos traballos!!
Mentres, publico este precioso poema creado por Alba cando estaba en 5º. Unha nena que hoxe está en 6º. Cando liberamos os poemas Alba non so liberou un poema de Antón Cortizas chamado Vaia tropa cos compañeiros da clase, tamén liberou un poema escrito por ela que cedeu á Biblioteca e que hoxe publico aquí, para que todos e todas poidades desfrutar e ler tantas veces como vos pete.

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

viernes, 14 de septiembre de 2012

UN ANO MÁIS

Ola rapaces e rapazas de Bandeira!!!
Cantas gañas tiña de voltar a escoitar nenos e nenas polos corredores, polos patios, nas aulas....
Xa remataron as VACACIÓNS!!!

Chega o tempo de traballar!!!
Un ano máis estou aquí para facer da lectura unha aventura e da Biblioteca un recuncho ideal para desfrutar, ler, aprender,...
Hai un montón de novidades este ano na Biblioteca... Xa veredes...!!!
Non vou abrir as miñas portas ata o Día das Bibliotecas no mes de outubro. Este ano vai comezar  cun montón de sorpresas coas que ides desfrutar e aprender.
Aínda que a Biblioteca non estea aberta, Garabullo está para todos vós, tanto a través do email  conversascongarabullo@gmail.com ou na caixa de conversascongarabullo (que está na entrada do cole). Animádevos a deixar as vosas propostas de mellora, as vosas creacións literarias, os vosos poemas, adiviñas, chistes,... Non esquezades seguir falando dos libros que vos gustan e así animar aos vosos compañeiros de cara á lectura.
FELIZ VOLTA AS AULAS
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!