martes, 12 de junio de 2012

Adiviña adiviñanza...

Ola amiguiños e amiguiñas do cole de Bandeira!
Son feliz vendo como día a día visitades a biblioteca, como buscades todo tipo de libros polas estanterias, como as vosas risas enchen estas paredes... Unha das cousas que me fai  máis feliz é recibir os vosos consellos, creacións, traballos...


Hoxe Almudena de segundo proponnos unha adiviñanza moi enxeñosa. Eu non sei a solución, podedes axudarme? A adiviñanza di así:

Primeiro que ningún santo andei eu polo deserto
Vestido de franciscano, descalzo, de mozo e vello,
Non son confesor nin santo nin podo entrar no ceo.
Que é?

Sabedes o que é?
Eu seguirei pensando e buscando nos meus libros unha resposta. Agardo as vosas!!
Mentres, xa sabedes.... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

3 comentarios:

Martín dijo...

Hola,son Martín.
A resposta creo que é isto:
O grilo




A ver se acerto!!!!

Biblioteca Bandeira dijo...

Moi ben Martín! Os intentos están ben... Eu non fun capaz de adiviñalo. A resposta según Almudena é o.... COELLO
Seguiremos traballando coas vosas propostas.
Saúdos Martín e xa sabes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

Martín dijo...

Hola,son Martín
Ahora xa sei cal é a resposta pero eu quero propoñer unha adiviña:

Alta coma as torres,
branca como hai flores;
todo cobre,todo cobre,
agás o río que non pode

¡A ver quen adiviña isto!