martes, 8 de mayo de 2012

Libera un POEMA

Ola amiguños e amiguiñas. Gustouvos o poema que liberaron hoxe os vosos compañeiros? Saberíades dicirme de que libro eran os poemas?
Veña mándovos un reto: "Aquel neno ou nena que me deixe no email conversascongarabullo@gmail.com,  na caixa de conversascongarabullo que hai na biblioteca ou faga comenterio nesta entrada do blog dicindo:
- o nome do libro que empregaron os de 6º para liberar os seus poemas. (Se dicides o autor quedo abraiado)
- o teu nome
- o teu curso 
Terás un agasallo meu (reto tamén válido para os mestres e mestras do centro).
Aí queda o reto! Prazo límite ata mañá á tarde.
Agardo moitas respostas.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!




5 comentarios:

José dijo...

Ola Garabullo,
A min gustáronme moito o recitado dos alumnos/as de 6º.
Eu penso que os poemas eran do libro "Os soños na gaiola" de Manuel María.
José
Cando podo ir polo meu agasallo?

Biblioteca Bandeira dijo...

Ola José.Son GARABULLO. Alégrome moito de que me sigas. Dende logo tue terás o teu agasallo. Mañá no libera os poemas de 4º.
Un saúdo... e xa sabes VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

David dijo...

Os poemas eran do libro "Os soños na gaiola" de Manuel María.

David . 3º curso primaria
9 de mayo 2012

Juan, 2º curso dijo...

Os poemas son do libro "Os soños na gaiola" de Manuel María.

Un saudo
9 de maio do 2012


Juan, 2º curso primaria

Biblioteca Bandeira dijo...

Ola Juan e David!! Moi ben!! A resposta é correcta, pero está publicada fóra de plazo. Tiñades que decirme o nome do libro e o autor antes das 16:30. Seguide pendientes do blog que haberá novos retos....
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!