viernes, 24 de febrero de 2012

As BIBLIO-NOTICIAS

Ola rapaces e rapazas de Bandeira. Despois do Entroido reanudamos as clases. Cada día nas aulas e nos recreos acontecen cousas divertidas... algunhas as descubro porque estou no sitio indicado no momento xusto, pero... outras... nunca as saberemos. Gustaríame que mo contárades para que eu llo diga aos vosos compañeiros e compañeiras e... a cambio eu mostrarei un conto no que pasa algo semellante.

Así, hoxe, no recreo da mañá, estaba eu mirando pola ventá da Biblioteca cando vin aos rapaces de infantil mirando o tellado do cuberto. Un dos nenos, xogando ao fúlbol, mandou a pelota dun "patadón" ao tellado. A mestra de 1º e de 6º estaban cun pao longo, longo, longo... tentando baixalo. O balón estaba tan encaixado que lle costou un montón sacalo e os nenos e nenas de infantil escachaban coa risa ao ver que a pelota non quería baixar. Eu fixen un debuxo pois non tiña cámara. Ao final conseguiron o balón e todos voltaron aos seus xogos. Este é o debuxo




Agora a promesa: O conto no que pasa algo semellante é O Patadón. Neste conto un grandullón quítalle o balón a uns nenos e dálle un gran patadón. E alí vai o balón, percorrendo o mundo, provocando sustos, causando tremendas impresións e moito máis ca un apuro. É un conto superdivertido.



Se non o atopades preguntádelle a José e aos axudantes da Biblioteca.
E xa sabedes: VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

0 comentarios: