martes, 20 de diciembre de 2011

El sueño de Lu Shzu

      Como xa sabedes este é o conto co que colaboramos no BUBISHER. Tamén o mercamos para a nosa Biblioteca. Sería bonito que viñerades a ler este conto e poder pensar que nalgún lugar do Sahara haberá un neno ou unha nena ou incluso un papá ou unha mamá lendo o conto ao mesmo tempo ca nós. Dalgún xeito conectaremos todos a través dun mesmo conto.




Este conto fala de Lu Szhu unha nena dagonmei que traballaba nunha fábrica de xoguetes. Antes, cos seus dediños montaba pezas pequenas para as bonecas. Co tempo, medrou e levárona a unha mesa a empaquetar. Cando a pequena viu aquelas bonecas enteiras, tan bonitas, con aqueles vestidos de cores... entón quixo ter unha! e....
Se queredes saber o que pasou... xa sabedes! o conto espéravos na Biblioteca, como todos, desexando ser ollado, tocado,  gozado... por todos os nenos e nenas do cole.

BUBISHER

En saharaui BUBISHER significa paxaro de boa sorte. Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sahara para acercarlles o mundo da lectura, dos contos, da información... a nenos, nenas e maiores. É o que nós chamamos unha Biblioteca con rodas.
As Bibliotecas de moitos centros educativos colaboran co BUBISHER enviando algún conto. A nosa biblioteca regaloulle o conto El sueño de Lu Shzu.


Con iso enviamos tamén a nosa ilusión aos rapaces e rapazas saharauís para que coñezan o marabilloso mundo la lectura.

Se queredes saber algo máis do BUBISHER mirade este video explicativo. É moi interesante e axudaranos a entender a labor tan bonita de tantos voluntarios e voluntarias que queren levar a lectura, neste caso, aos campamentos de refuxiados do Sahara.

domingo, 18 de diciembre de 2011

UN LIBRO POLO NADAL

Ola nenos e nenas!!! Un ano máis chega o Nadal. Ven un tempo frío... Apetece quedar na casa quentiños e cun chocolate... Estamos xa tumbados no sofá e... Que facemos? LER. Siiii ler!!!
Aquí deixo unhas recomendacións de lectura para todas as idades. Libros de todo tipo. Libros que nos van a levar a vivir historias preciosas. Lede os libros e contádeme á volta das vacacións que vos pareceron, se foron divertidos ou cal vos trouxeron os Reis. Agárdovos na Biblioteca para saber das vosas experiencias.



BO NADAL  FELIZ LECTURA A TODOS !!!